Historia do Folclore do mar

O Festival Internacional "O Folclore do Mar" , é un proxecto cultural que a nosa asociación puxo en marcha no ano 1994 co duplo obxectivo de; Por unha banda mostrar aos veciños do Concello de Moaña e doutros Concellos de Galiza e Portugal, músicas e danzas tradicionais de culturas de diferentes partes do mundo. Por outra, que os xovenes compoñentes da nosa asociación convivan con xovenes doutras culturas, convertindose nun intercambio cultural de primeira magnitude.

Asi, dende o ano 94, ininterrumpidamente pasaron polo noso festival grupos folclóricos de diversos puntos da xeografía Europea e Mundial ( Euzkadi, Pais Valenciano, Francia, Portugal, Polonia, Holanda , Italia, Corea, Lituania, Bulgaria , República Checa, Turquía, Bielorusia, Iugoeslavia e Ucraina).

Os grupos aloxanse en Moaña, no Colexio Público de Reibón, acondicionado polos membros da nosa asociación como albergue.

Ademais da actuación no noso festival, durante a súa estancia, os grupos actuan en distintos Concellos de Galiza e Portugal.

Durante o tempo libre, estan organizadas unha serie de visitas turisticas a Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela, capital de Galiza e Patrimonio da Humanidade. Os participantes tamen poden disfrutar a diario dos baños de mar na Praia da Xunqueira, situada frente ao colexio-albergue.

En Moaña celebrase o Festival Central, asi como unha festa entre os grupos participantes que se denomina “Festa das Músicas Europeas”, onde o público tamen participa.