A AsociaciónFolclore do MarMultimedia |
Galiza. Unha Terra, Un Pobo, Unha Fala
Con unha poboación de 2.700.000 habitantes conta con Parlamento e Goberno autónomo. A Capital é Santiago de Compostela, cidade declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. O idioma oficial de Galiza é o Galego, que comparte oficialidade co Español. O noso idioma ten moitas similitudes co portugués, o que nos permite perteñecer a unha comunidade idiomática, a galego-portuguesa, que é a terceira máis falada do mundo, con máis de 60 millóns de falantes distribuidos nos 5 continentes.
Dada a súa longa extensión de costa, a nosa economía está basada principalmente na pesca e derivados asi como a construcción naval. No interior de Galiza, a economía baséase na producción agro-gandeira. A nosa cultura perteñece ao ámbeto das culturas atlánticas, Escocia, Bretaña, Irlanda, coas cales temos moitas similitudes. O noso instrumento nacional por excelencia é a Gaita e a danza tradicional por excelencia é a Muiñeira.
|
Privado |