Historia

A Asociación folklórico Cultural Meiramar-Axóuxeres nace na Parroquia de Meira, no Concello de Moaña, un municipio situado na Ría de Vigo, en 1.980, tendo como obxetivo principal recuperar e difundir o folclore e a cultura popular Gallega.

Dende a sua creación representou o folclore galego en diversos festivais, tanto dentro de Galiza como no resto do Estado español e diferentes paises Europeos como:

  • Italia (1991,1995,1997,2005)
  • Francia (1992,1997)
  • Belxica (1996,2004)
  • Portugal (en varios anos)
  • Polonia (1996,2002,2007)
  • Austria (1998)
  • Illas Açores (1999,2000)
  • República Checa (2000)
  • Holanda (2001)
  • Grecia (2003)
  • Hungría (2004)
  • Eslovakia (2004)
  • Bosnia Herzegobina (2008)

Dende el ano 1.994 organiza o Festival Internacional «O Folclore do Mar», celebrándose no porto de Meira, no cal teñen participado grupos de distintas nacións, como Portugal, Francia, Italia, Polonia, Holanda, Iugoeslavia, Lituania , Korea, Republica Checa, Turquía, Bulgaria,Grecia, asi como de Comunidades Autónomas españolas como Valencia, Euzkadi e Asturias.

Os grupos participantes aloxanse normalmente, nun colexio situado na nosa localidade que conta con tódalas comodidades ( Dormitorios, sala de ensaios, instalacións deportivas, comedor, cociña unha praia situada a 50 metros.)

Os grupos participantes son todos amateur e, se é o seu desexo, faise mediante intercambio cultural. Durante a sua estancia organizanse visitas turísticas a lugares de interese, Santiago de Compostela, Vigo Pontevedra etc. As actuacións son polas noites, non máis de 40 minutos por grupo e cada día actúase nun pobo diferente (Baiona, Marin, Gondomar, A Guarda, Sanxenxo, Poio e o festival central na nosa localidade Moaña)

Ademáis de mostrar as suas danzas e músicas, os grupos participantes teñen a ocasión de compartir e falarnos da sua cultura , medios de vida etc, pois organizamos encontros abertos ó público onde se lles pregunta acerca do seu país.