O noso povo: Moaña

Moaña encóntrase situada na provincia de Pontevedra, na costa, formando parte da península do Morrazo, orientada de E-O cara a marxe norte da Ría de Vigo.

A península do Morrazo é o referente histórico e natural de Moaña. Trátase dun conxunto enmarcado polas Rías de Pontevedra e Vigo, que comprende cinco municipios pertencentes o partido xudicial de Pontevedra (Bueu, Cangas, Marín, Moaña e Vilaboa), extendéndose sobre unha superficie de 181.3 Km2, dos que 31.5 corresponden a Moaña.

Os asentamentos de poboación ubícanse na sua maioría o largo da franxa costeira e están constituídos por vivendas unifamiliares rodeadas de pequenas hortas. O 55% da poboación vive en núcleos pequenos situados o largo das vías de comunicación, especialmente a carón da estrada comarcal C-550, que discorre o largo do litoral. Isto é de gran importancia para a vida de Moaña, pois esta estrada vertebra socialmente o municipio, e incide dun modo importante na ordenación do territorio o servir históricamente de eixo para o asentamento industrial e sector servicios da marxen norte da Ría de Vigo.

A súa poboación presenta rasgos diferentes o do resto da Galiza e incluso os restantes axuntamentos da península do Morrazo. Deixando de lado a concentración antes citada a caron da C-550, existe a característica diseminación propia de Galiza. Pero frente os máis de cincuenta núcleos de poboación dos restantes axuntamentos do Morrazo, Moaña conta con 33 entidades de poboación, agrupándose en catro parroquias socialmente diferenciadas (Domaio, Meira, Moaña e Tirán). Trátase de catro núcleos con diferente integración na vida social do municipio e unha intensa vida propia.

A existencia de diferentes portos (Domaio, Meira, Moaña e O Con), de diferentes comunidades de índole socioeconómico (mancomunidades de montes de Domaio, Meira e Moaña ou de asociacións de mariscadores ou mexilloeiros) dan vida a un sentido de pertenza que reactualiza a parroquia como instancia territorial. Este feito maniféstase na organización dos servicios (educación, cultura, sanidade…) establecidos na zona.

As comunicacións co exterior son particularmente boas (para o caso de Galiza,o menos), pois unha recente estrada enlaza Moaña con Marín, e esta poboación únese a capital da provincia (Pontevedra) por autovía. A estrada principal da zona (a C-550 que une Cangas con Moaña) tendo acceso a marxe sur da Ría a través da autopista pola Ponte de Rande, uníndoa con Vigo. Por outra parte manténse a histórica línea de ferris que une cada hora a Moaña con Vigo. Completan a rede de comunicacións unha intensa malla de estradas locais que se adentran no interior máis despoboado.

Enlaces web relacionados co Concello de Moaña: